Xa somos:
  • 2.854 facultades
  • 4.053 Docentes
  • 152.093 estudantes
  • 8.558 Familias

A Fundación ColaCao, coa colaboración da Asociación No al Acoso Escolar (NACE), quixo sumarse á loita contra o bullying ofrecendo o programa escolar “Somos Únic@s” en centros escolares de toda España, de maneira gratuíta, para os tres ciclos de Primaria.

Todos os materiais educativos foron desenvolvidos da man de mestres/as e pedagogos/as e en colaboración coa Asociación No al Acoso Escolar(NACE).

Especialistas en educación desenvolveron diversas dinámicas e recursos gratuítos, para axudar os e as nen@s a descubrir o que fai deles e delas únic@s e diferentes, así como para traballar na aula a empatía, o respecto e a forza do grupo fronte ás desigualdades.
Para acceder a todos os materiais, só tes que rexistrarte.

Todos os materiais do proxecto desenvolvéronse con base na vinculación curricular de cada ciclo da etapa de Primaria e realizáronse en colaboración coa Asociación No al Acoso Escolar (NACE) e da man de mestres/as e pedagogos/as

Vincúlase coa LOMLOE (Lei Educativa vixente en España) en:

Metodoloxías e principios pedagóxicos
Educación por competencias e aprendizaxe significativa, con enfoque transversal que permite traballalo en todas as áreas

Axustado aos obxectivos de primaria
Aprecio polas normas de convivencia e a empatía, desenvolvendo as capacidades e personalidade, así como as relacións cos demais

Enmarcado na acción titorial
Emprázase ao docente para traballar o respecto mutuo e a cooperación entre iguais dentro da súa aula

Áreas curriculares e saberes básicos
Enmárcase curricularmente coas materias de coñecemento do medio natural e social e valores éticos e cívicos