“Somos Únic@s” ten o obxectivo de educar contra o acoso escolar desde a prevención e a convivencia positiva, apoiando aos nenos e nenas e á mocidade para que medren potenciando o que as e os fai únic@s e diferentes, sen medo ao rexeitamento.
Creado para que poida ser autoxestionado polos centros, conta con dinámicas grupais interactivas e gamificadas para desenvolverse de forma flexíbel e interdisciplinar, e diríxense ás etapas educativas de Primaria e Secundaria.
 “Somos Únic@s Primaria”, dirixido aos tres ciclos de Educación Primaria con contidos adaptados a cada curso.
Alumn@s e profesorado traballan desde tres eixes chaves:
 
                            Son Únic@
Descobren o que @s fai únic@s e auténtic@s.
 
                            Tod@s somos diferentes
Entenden que cada persoa é diferente e necesaria.
 
                            Xunt@s contra o acoso escolar
Identifican cando se dá unha situación de acoso e adquiren ferramentas para actuar.
                             “Somos Únic@s Secundaria”, especialmente dirixido ao alumnado do 1º ciclo, nos cursos de 1º e 2º da ESO.
 Alumnado e profesorado traballan desde tres eixes claves:                        
 
                                Sinais de alerta: detectando o acoso
Recoñecen os roles no acoso e ciberacoso e aprenden como frealos.
 
                                Compás interior
Valoran o autocoñecemento e a autoestima e desenvolven estratexias asertivas fronte a influencias negativas.
 
                                As diferenzas fannos únic@s
Fortalecen a cohesión do grupo a través da empatía e o respecto pola diversidade.
Loitamos contra o bullying abordando os diferentes axentes que interveñen:
 
                        Vítimas
Traballando na súa autoconfianza e empoderamento
 
                        Agresores e agresoras
Potenciando a empatía e o respecto aos demais
 
                        Testemuñas
Mobilizándoos cara ao lado correcto
 
                                     
                                     
                                     
                            Se es docente, queres inscribirte e participar no programa escolar "Somos Únic@s”?
¡Apúntate! 
                            Se es nai ou pai, e estás interesad@ en "Somos Únic@s" e en saber como acompañar aos teus fillos ou fillas, tamén podes recibir información!
¡Apúntate!